Inauguración do Museo Taller de Olería de Niñodaguia

O  Museo Taller de Olería de Niñodaguía pretende converterse nun espazo interactivo baseado na cultura do barro acollerá distintas actividades que contribúan á posta en valor desta tradicional profesión artesán. O goberno provincial entende a "Niñodaguía e a alfarería como un asunto de interese provincial.
 O seu legado de máis de 500 anos merece ser reivindicado e apoiado", destacou Manuel Baltar.

Na súa inauguración opresidente da Deputación de Ourense dixo que hoxe é o comezo, "contribuiremos ao sostemento do Museo e ao seu potencial xerador de riqueza e de emprego". Asemade quixo agradecer na inauguración ao concello; ao alfareiro, Agustín Vázquez; e á Asociación Os Xuncos, "o seu interese nunha cuestión que é referencia na Ribeira Sacra e, en Galicia", sinalou Baltar.

Este  De este modo, levaranse a cabo visitas guiadas adaptadas a diferentes grupos e idades, facendo un percorrido polo museo pero tamén polos fornos comuneiros; experiencias "cacharreiras", isto é obradoiros de olería tradicional, unha actividade cun alfareiro de Niñodaguia, na que os visitantes poderán tocar e traballar o barro; e actividades para centros de Ensino para que os máis cativos coñezan o noso patrimonio e aprenden desde moi pequenos a valoralo.

A aldea Niñodaguia do Concello de Xunqueira de Espadañedo, constitúe o último reduto da artesanía oleira ourensá, sendo esta pequena localidade, no berce dos grandes creadores de formas co barro e a arxila polo que, Xunqueira de Espadañedo pretende dar a coñecer esta cultura milenaria.

Os cacharreiros de Niñodaguía coñecidos tamén como xarreiros e calleiros, mantiveron a súa olería tradicional grazas a que a beta de arxila do Monte do Barro, no termo de Veigachá, parece non ter fin.Na actualidade consérvanse tres fornos comunais exteriores recentemente restaurados.