Gastroutono en Monterroso: A caza da Castaña

Monterroso (Lugo) enriquece o calendario gastrofestivo galego e entra no Gastroutono con brillo propio, coa primeira convocatoria sobre a cociña da castaña, non en van no seu territorio aséntase unha das máis potentes industrias comercializadoras, Alibós (antes Harotz). 

O concello expúxolle a iniciativa ao titular da Academia Galega de Gastronomía (AGG) en Lugo e exsecretario xeral de Turismo e ao presidente da AGAXET (Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo), e deste entendemento saíu unha programación que traza bases culturais e formativas coa escenificación gastro-lúdica popular. Trátase de exaltar a función e aporte do souto e seus froitos no imaxinario galego, pular polo valor alimentario da castaña, proxectar a súa contribución ao goce gastronómico dende unha óptica hedonista. 

A nova oportunidade de destino gastronómico farase coincidir co entorno do Magosto -unha celebración popular no concello- pero estendendo o protagonismo da castaña á coquinaria local, de xeito que as cociñas profesionais da vila acaben sendo un referente, un produto gastronómico atractivo en temporada e máis alá. 

Unha posta ao día sobre a realidade histórica da castaña nas cociñas de occidente (Guillermo Campos) abrirá a programación formativa o día 5 coa conferencia “O Receitario Clásico”, e cerrarase cunha mesa redonda (moderada por Paco Bobadilla) sobre o papel da castaña na cultura e na economía galegas, “Os Soutos e os seus Froitos”. Completan a xornada KiKe Piñeiro (Horta do Obradoiro, Santiago) con “Mar e Montaña” e María Posada (Posada Marrón Glacé, Ourense), con “O Marrón Glacé na Gastronomía” 

Continuarán as leccións coquinarias, desde a tradición, a modernidade e a vangarda na xornada do día 12, coa experiencia lusa que aportará Joao Oliveira (Volver de Carne y Alma, Lisboa) “Entrante e Sobremesa”. Nesta xornada celebraranse os concursos de pratos profesionais e populares. 

A festa de maior alcance participativo será o domingo 13 no que ademais da exposición de fotografías no Centro Sociocultural, acadará as súas horas álxidas a mostra de produtos de outono, celebraranse os xantares temáticos A Caza da Castaña, fallaranse os concursos convocados, procederase a entrega de premios o remate do xantar oficial, e a AGG e a AGAXET celebrarán unha reunión conxunta e escenificarán a firma dun convenio. As 13h.15 lerá o pregón un profundo coñecedor dos sector e destacado exfuncionario da consellería de agricultura, José Mouriño, acto precedido por unha visita a as instalación de Alivós.