Famtrip de turismo accesible

Na súa aposta polo turismo accesible na Comunidade galega, Turismo de Galicia organizou unha viaxe de familiarización para operadores especializados do ámbito nacional e asociacións de persoas con problemas de mobilidade na que ao longo desta semana poderán coñecer parte da oferta galega neste ámbito.

Nesta viaxe participan os operadores Accesible Madrid, CN Travel e Tee Travel, e as asociacións Predif, Cermi, Aspaym, Auxilia, Cogami e Fademga que, ademais de coñecer parte da oferta accesible do territorio galego, manterán reunións de traballo con distintos representantes do sector turístico galego, tanto institucionais como privados.

Esta acción de promoción da oferta accesible de Galicia centrarase nas rutas turísticas de turismo cultural e patrimonial accesibles para persoas con mobilidade reducida.