Buscar/Hemeroteca

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Arrancou en Silleda a cuarta edición de Galicia Skills

Arrancou en Silleda a cuarta edición de Galicia Skills, o maoir campionato de Formación Profesional onde, durante tres días en un único recinto, un total de 100 alumnos de 40 centros e preparados por 77 profesores miden as súas destrezas e coñecementos nas 17 especialidades que cursan.

Por primeira vez nesta edición, os participantes congréganse nun único recinto e competirán entre eles de xeito simultáneo. Ata o de agora facíano en diferentes centros educativos ao longo do mes de outubro. 

Son un total de 17 as especialidades, as denominadas “skills”, en competición, e estas correspóndense con un ou máis ciclos das distintas familias profesionais entre as que se atopan Pastelaría, Cociña, Servizo de restaurante e bar.


No hay comentarios: