A castaña entra campaña de froitas frescas na escola

A campaña de consumo de froitas frescas na escola inclue este ano, coma novidade, na lista de produtos subvencionables que poden elixir os colexios a castaña, a petición da Xunta de Galicia. Esta era unha petición histórica por parte da comunidade ao Goberno central, que este ano aceptou incluír a castaña no real decreto sobre a aplicación en España da normativa da Unión Europea en relación cos plans escolares de consumo de froitas, hortalizas e leite.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, visitaron con motivo do inicio da campaña o Centro Público Integrado (CPI) Fonte Díaz, en Touro. 

Ángeles Vázquez valorou esta boa nova porque “ademais de contribuír a unha alimentación equilibrada, apoiamos tamén unha industria en auxe na nosa comunidade coma o dos castiñeiros de froito”. O mesmo sucede co plan de leite e produtos lácteos que tamén se leva ás escolas. “En paralelo ao obxectivo de crear hábitos saudables, colaboramos coa estabilización dos mercados destes produtos en Galicia”, sinalou a responsable autonómica.