Buscar/Hemeroteca

viernes, 14 de octubre de 2016

Turismo de Galicia a la caza de congresos en Rimini

A cidade de Rimini, no oeste de Italia, acolle o certame TTG Incontri 2016 e Turismo de Galicia presenta alí a oferta turística da Comunidade galega no eido do turismo de negocios, relacionado cos congresos, convencións e reunións de empresa. Esta é unha das reunións internacionais de turismo de negocios máis importantes do mundo na que os participantes entran en contacto cos operadores turísticos especializados de Italia.
Nesta feira, con formato workshop, os representantes da industria turística italiana teñen reunións de traballo con profesionais internacionais a través das que poden coñecer novos produtos e as posibilidades que ofrecen os distintos destinos para a organización de viaxes relacionadas co turismo de negocios.

Deste xeito, Turismo de Galicia estará presente nesta feira ata mañá para presentar directamente a oferta turística galega aos operadores italianos ao longo de dúas xornadas nas que se prevé a visita dunhas 60.000 persoas.

Con máis de 58.000 viaxeiros aloxados e preto de 82.000 pernoitas no segmento hoteleiro, o mercado italiano consolidouse este verán como o segundo máis importante de Galicia, por detrás de Portugal. Polo que respecta aos oito primeiros oito meses de 2016, superouse nun 3,5% a cifra de viaxeiros italianos aloxados e nun 2,4% o volume de pernoitas do mesmo período de 2015.

Ademais, con preto de 150.000 pernoitas hoteleiras, o mercado italiano representou neste período o 11,4% do total internacional da comunidade, consolidándose tamén nestes oito primeiros meses como o segundo mercado en orde de importancia por detrás de Portugal.



No hay comentarios: