Buscar/Hemeroteca

viernes, 28 de octubre de 2016

Posta en valor dos castros da provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento alcanzaron en Madrid un preacordo que permitirá o total desenvolvemento do programa de posta en valor dos castros da provincia e desbloquea a situación dos traballos que se están realizando nos xacementos da provincia. 

O protocolo, no que están integrados 18 castros de Pontevedra e que finalizaba no primeiro trimestre de 2017, será substituído por un convenio entre ambas as institucións que se asinará a principios do mes de xaneiro

O texto do convenio, que delimitará as funcións de Deputación e de Fomento, e que fixará prazos, financiamento e calendario, pecharase na reunión da Comisión de Seguimento que xa se convocou para a terceira semana de novembro en Pontevedra.

Con este preacordo garántese o cumprimento dos obxectivos marcados nos 18 xacementos en canto aos labores de escavación, limpeza, conservación, sinalización, accesos, musealización e difusión.

No hay comentarios: