Buscar/Hemeroteca

miércoles, 26 de octubre de 2016

O San Froilán de Lugo, fentre as mellores festas de outono de España

O comparador de aloxamentos Niumba, www.niumba.com destaca o San Froilán de Lugo entre as mellores festas do outono en España, ensalzando que esta festa congrega a multitude de visitantes nos distintos actos programados cada ano, chegando a máis de duascentas nesta última edición, que contou cunha afluencia de máis de 600.000 persoas.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, amosou a súa satisfacción por esta recomendación, que “servirá para reforzar tanto o incremento de viaxeiros a estes festexos declarados de interese turístico galego e nacional como a cidade Lugo”.

A edil tamén lles agradeceu a todos os visitantes que viñeron a Lugo e participaron en todas as actuacións e actividades programadas, destacando que “seguiremos traballando para que sexan declaradas de interese turístico internacional”.

Niumba, de TripAdvisor, é o portal líder en aluguer vacacional en España. Conta con máis de 100.000 propiedades repartidas por todas as zonas turísticas do país: grandes núcleos urbanos, praias, estacións de esquí e zonas rurais.
Viaxeiros de todo o mundo visitan Niumba diariamente para atopar un lugar onde pasar as súas vacacións e escollen entre as diferentes opcións de aluguer vacacional que se anuncian no portal: apartamentos, casas rurais, bungalows, vilas, hoteis rurais, albergues, entre outros.

No hay comentarios: