Galicia conta no eido do turismo industrial

A directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, puxo hoxe de manifesto as grandes posibilidades coas que conta Galicia para o desenvolvemento de produtos relacionados co turismo industrial durante a celebración do I Congreso de Turismo Industrial Galicia e Norte de Portugal que se celebra en Vigo.

Carmen Pita, que participou neste congreso dentro do panel ‘Turismo industrial: unha oportunidade de desenvolvemento económico e social do territorio’, fixo no seu relatorio un repaso polos principais produtos relacionados con esta modalidade turística en Galicia, salientando a proxección dalgúns sectores, entre os que citou a construción naval, a industria conserveira e a produción de viño.

Neste sentido, a directora de Promoción de Turismo de Galicia referiuse ao sector vitivinícola da Comunidade galega que xa achega 16 adegas certificadas coa Q de Calidade Turística dentro da denominación de turismo industrial.