Buscar/Hemeroteca

miércoles, 26 de octubre de 2016

Fórum Gastronómico A Coruña 2017

Hoxe o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou o Fòrum Gastronòmic Barcelona 2016 para estar presente na sinatura do protocolo de colaboración para a celebración do Fórum Gastronómico A Coruña 2017 que terá lugar do 12 ao 14 de marzo. O documento foi asinado por Alberto Lema, en representación do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, e por Pep Palau e Jaume von Arend, directores do Fòrum Gastronòmic.

Ademais, o alcalde asistirá á sesión de Coruña Cociña que clausurará as actividades do Fòrum Gastronòmic Barcelona 2016; deste xeito prodúcese a substitución entre as dúas cidades.

Do 12 ao 14 de marzo ExpoCoruña será o escenario de tres intensas xornadas que irán precedidas, unha vez máis, polo Fórum Cidade que encherá A Coruña de numerosas actividades gastronómicas.

No hay comentarios: