Entrega de premios do III Concurso de Polbeiras e Polbeiros do San Froilán

O Mercado Municipal de Abastos de Lugo acolleu este xoves a entrega  dos premios do III Concurso de Polbeiras e Polbeiros do San Froilán, do que resultou gañador Casiano Méndez de Ourense, que recibiu un premio de 1.000 euros en metálico, o segundo, Pulpería Oito Catering, recibiu un vale por un aloxamento dunha noite, con circuíto termal no Balneario de Lugo para dúas persoas. 

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, Carmen Basadre, fixo a entrega os galardoados. Ademais, todos eles foron agasallados cun lote de produtos de Aceites Abril.

Os participantes nesta edición foron Oito Catering do Carballiño, Casiano Méndez de Ourense e Pulpería Alejandra Salinas de Pontevedra, e fixeron gala dun dominio na elaboración deste produto típico do San Froilán. Así, como en anos anteriores, o xurado tivo que analizar o sabor, textura, condimentación, punto de cocción e presentación do polbo.