Cata a Arte no Ribeiro

Bodega Alanís deu o pistoletazo de saída á terceira edición do ciclo “Cata a Arte” coa presentación e degustación do seu viño Gran Alanís, da colleita 2015, acompañada da música da pianista e compositora María Mendoza así como de bocados gastronómicos preparados para a especial ocasión. O evento tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense en horario de tarde.

Nesta terceira edición, incluíuse un elemento novidoso, o de que cada asistente colabore cun donativo solidario dirixido integramente para a ONG Down Ourense, asociación que ten por filosofía o apoio a servizos que potencien a autonomía e independencia das persoas con síndrome de down, dentro dun entorno normalizado. A todas as persoas que apoien esta iniciativa entran nun sorteo de lotes de viño das adegas participantes e merchandising da D.O. Ribeiro.

Durante a súa actuación, a artista María Mendoza presentou o seu disco INTRO, inspirado nas Cantigas de Amigo de Martín Códax, así como temas tradicionais da zona de Ourense, sorprendendo aos asistentes coa mestura de estilos.

O ciclo celebrarase todos os xoves no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, dende o 27 de outubro ata o 1 de decembro con presentacións e degustacións de viños de adegas da D.O. Ribeiro e con accións culturais paralelas.