Apehl particiapa nunha mesa para elaborar a Estratexia de Turismo de Galicia 2020

Este venres 7 de outubro, a partir das 11.30 horas, a sede central da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) acollerá a celebración dunha Mesa de Participación para elaborar a Estratexia de Turismo de Galicia 2020.

No encontro, convocado polo Clúster de Turismo de Galicia, trataranse cuestións como a análise territorial, os recursos turísticos, a complementareidade de territorios e a mobilidade, intermobilidade e accesibilidade.