Abanca e o C.R.D.O. Ribeiro intensifican a colaboración para finaciamento de viticultores e adegueiros

Foto de familia logo da firma do convenio
ABANCA e o Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro asinaron un convenio que intensifica e renova a colaboración en materia financeira das dúas entidades e aporta unha serie de opcións para afrontar a recta final da vendima. O convenio pon o acento no crédito, pero tamén nos seguros, especialmente adaptados para adegas y viticultores.

Entre as respostas que ofrece a este colectivo, atópase unha póliza de crédito que se pode estender ata cinco anos e que mitiga os efectos da entrada en vigor da Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Grazas a este produto, as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores nun prazo inferior a 30 días, tal e como se estipula neste texto.

Nesta mesma liña, ABANCA e C.R.D.O. Ribeiro presentan de maneira pioneira un produto de financiamento destinado á adquisición de novas plantacións ou ás ampliacións de terreos de viñedo. O obxectivo que se persegue é a incorporación de novos produtores á actividade vitivinícola e contrarrestar a falta de relevo xeracional ou a elevada idade media dos viticultores. 

Unha das novidades que se encontraron os profesionais na campaña deste ano foi a obrigatoriedade de pasar a ITV ás máquinas e equipos de aplicación fitosanitarios. Para acometer a reparación ou a adquisición de nova maquinaria, o banco con sede en Galicia activa préstamos específicos para estas necesidades. O foco no crédito completase con outros produtos como liñas de confirming, financiamento a través de leasing, anticipo de subvencións ou impostos e desconto.

Ademais do crédito, os seguros tamén se converten nos protagonistas deste novo convenio. A través de ABANCA Seguros os integrantes da denominación de orixe más antiga de Galicia poderán cubrir as súas necesidades con liñas de produtos específicos lanzados para produtores (liña para explotacións vitivinícolas, seguro de saúde colectivo e seguro de accidentes colectivo) e adegas (seguro pemes adegas).

A Denominación de Orixe Ribeiro é unha das catro denominacións de orixe da provincia de Ourense. Está conformada por 107 adegas dos municipios de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia, San Amaro e Toén. Os viños desta D.O. ocupan un total de 2.646 hectáreas de territorio nas que traballan 5.500 viticultores. En 2015, a produción da colleita na D.O. Ribeiro superou os 14,3 millóns de quilos de uva.