Santiago - Shikoku e a peregrinación

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez, mantiveron unha xuntanza con representantes da Illa de Shikoku no Consello Económico e Social de Galicia en Santiago de Compostela.

O obxectivo da reunión foi continuar afondando na relación turística e cultural establecida entre Galicia e Xapón en torno as vías de peregrinación.

O encontro tivo lugar no marco do protocolo de colaboración asinado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e representantes das prefecturas xaponesas polas que pasa o Camiño Shikoku Henro -- Tokushima, Kochi, Ehime e Kagawa--, en torno a esta ruta de peregrinación e ao Camiño de Santiago.

Neste senso, Turismo de Galicia mantén contactos continuados con representantes de Shikoku co obxectivo de asesorar e colaborar na consolidación desta ruta de peregrinación, como xa fixo anteriormente co Camino Kumano co cal o Camiño de Santiago mantén un irmanamento dende 1998 a través do cal establécense estreitos lazos entre Galicia e a Prefectura de Wakayama.