O verán deixa un importante aumento de ocupación en A Coruña

A Coruña pecha o verán con bos índices de actividade turística. A ocupación hoteleira na cidade durante o mes de agosto situouse no 86.93%, case un 4% máis que durante o mesmo mes do ano anterior. Ademais, elevouse un 10.39% a tarifa media dos establecementos hoteleiros, o que supón un incremento do impacto económico do turismo na cidade. 

Segundo os rexistros de Hospeco traladados a Turismo de A Coruña os prezos hoteleiros acadaron unha media do 88.33 euros durante o mes de agosto. Este crecemento na ocupación hoteleira vai en liña co aumento rexistrado no mes de xullo, que mellorou un 3% sobre o ano anterior ata o 81,57% de ocupación e coa suba do 7,61% nas tarifas ata os 71,58 euros. A previsión para o mes de setembro tamén se mantén nesa liña ascendente, cunha estimación do 73%.

A xerenta de Turismo de A Coruña, Lanzada Calatayud, e o presidente, Alberto Lema, amosaron a súa satisfacción polos bos datos, que indican a boa marcha do Turismo na Coruña, nun agosto no que a cidade se amosou como un atractivo destino para gozar dunha oferta de ocio na que destacou a regata Tall Ships Races e as Festas de María Pita.