Hirohisa Koyama imparte cátedra culinaria no CSHG

O chef xaponés Hirohisa Koyama visitou o Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) e ofreceu unha clase maxistral aos alumnos de Diploma en Gastronomía e Xestión en Cociña e tamén aos profesores do CSHG.

Ademais protagonizou un encontro con catorce cociñeiros galegos, varios dos cales contan coa prezada Estrella Michelin.Estiveron presentes presentes Pepe Solla -Casa Solla-, Luis Veira -Árbore da Veira-, Bea Sotelo -A Estación-, Lucía Freitas -A Tafona-, Daniel López -O Camiño do Inglés-, Carlos Pérez –Hokuto- Pablo Pizarro –Bocanegra-.

Estes cociñeiros elaboraron dúas das propostas máis características dos seus restaurantes de xeito que Koyama tivo a oportunidade de desgustar e realizar as súas aportacións, tanto no relativo ao trato do produto como ao sabor final acadado no prato así como a súa presentación. 

Así mesmo, o chef nipón impartiou un relatorio-obradoiro de cociña no que participaron profesionais do sector e profesores e alumnos das escolas de hostalería de Galicia.