Esta industria recibiu nos últimos anos axudas da Xunta por valor de 6,1 millóns de euros para un investimento total que supera os 20 millóns de euros, destinado á realización de melloras tecnolóxicas e á ampliación de capacidade e das súas instalacións, entre outras finalidades.
Aceites Abril emprega arredor dun cento de traballadores e a súa facturación anual rolda os cen millóns de euros. A súa capacidade de produción sitúase nos 130 millóns de litros ao ano. Comercializa, baixo diferentes marcas, aceite de oliva virxe extra, de bagazo 95%, de xirasol e de sementes e márcase como obxectivo para o ano 2018 chegar a exportar máis de 34 millóns de litros (hoxe en día exporta uns 15 millóns).
Por outra banda, Ángeles Vázquez, destacou a importancia de promover a produción alimentaria artesanal como xeito de poñer en valor os produtos de calidade do agro galego. Neste contexto, lembrou que a Xunta está a traballar na creación dun distintivo de calidade para os alimentos artesanais de Galicia a través dun decreto específico, actualmente en exposición pública e que se prevé que entre en vigor ao longo do vindeiro ano.

No hay comentarios:
Publicar un comentario