Buscar/Hemeroteca

jueves, 25 de agosto de 2016

Xullo deixa un máximo histórico de viaxeiros aloxados en Galicia

Segundo os datos  de ocupación hoteleira do Instituto Nacional de Estatística, o pasado mes de xullo Galicia rexistrou  un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros do 5,2% en relación ao ano pasado, con preto de 600.000, o que supón un máximo histórico que supera nun 28% os rexistros do último Ano Xacobeo.

Con máis de 1,22 millóns de pernoitas, Galicia acada tamén neste ano un máximo histórico no mes de xullo e supera nun 17,4% o nivel do último ano Xacobeo. Este é o cuarto ano consecutivo no que se rexistra un incremento da demanda hoteleira en Galicia neste mes de xullo, o 12,2% máis que no mesmo período do ano anterior.

Polo que respecta ao turismo internacional, en xullo de 2016 este participa tamén do comportamento positivo da demanda, ao superar nun 2,3% o nivel de pernoitas hoteleiras do mesmo mes do pasado, e permite manter o nivel de demanda internacional en máximos históricos, con 245.841 no conxunto do territorio.

O mercado receptor nacional -aquel conformado polos españois procedentes doutras comunidades autónomas- presentou tamén un comportamento positivo, superando nun 14,9% o nivel de demanda do pasado ano. Son tamén catro anos consecutivos de incremento do turismo receptor nacional e que marcan tamén un máximo histórico, ao superar as 700.000 pernoitas e preto de 300.000 viaxeiros neste sétimo mes do ano.

O turismo interno, o dos residentes en Galicia, presenta tamén un incremento do 15,4% no volume de pernoitas hoteleiras como consecuencia do crecemento da cifra de viaxeiros aloxados, que neste caso foi do 9,7% en xullo de 2016 en relación ao mesmo mes do ano anterior. Con preto de 270.000 pernoitas e máis de 135.000 viaxeiros, o turismo interno acada tamén un máximo histórico.

No hay comentarios: