O programa cultural Vive o Camiño chega á Ruta Primitiva onde percorrerá un total de
sete concellos da provincia da Coruña y Lugo. Concretamente este programa cultural deleitou
no día de onte os peregrinos e veciños de Toques e chegará a Lugo, A
Fonsagrada, Castroverde, Friol, Baleira e Guntín os próximos 3, 4, 5, 9, 10 e
12 de agosto respectivamente.
A programación inclúe o contacontos de Raquel
Queizós A maleta da avoa, o concerto
de Magín Blanco e a Banda das apertas, a actuación do actor e titiriteiro
Inacio Vilariño, o concerto de Mama Cabra, a innovadora proposta de teatro de
Babaluve e o espectáculo rítmico de A
tropa de trapo, entre outras actuacións, así como espazos de xogo libre
para os máis pequenos.
Durante o pasado mes de xullo, este programa
cultural percorreu outros doce concellos do Camiño do Norte, a outra Ruta
Xacobea á que Turismo de Galicia dedica este ano a súa actividade promocional
no marco do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 trala súa declaración
como Patrimonio Mundial pola UNESCO o pasado ano.
Desde o dito recoñecemento a Ruta Primitiva e
do Norte experimentaron un forte incremento de na súa cifra de peregrinos acollendo
no que vai de ano un total de 6.031 e 8.647 peregrinos respectivamente
converténdose nas rutas máis transitadas tras o Camiño Francés e a vertente
portuguesa.
Así mesmo, Vive o Camiño compleméntase coa cuarta
edición de Cultura no Camiño, tamén en marcha, que inclúe preto de 100
espectáculos e un total de 369 funcións escénicas e concertos que están a
contribuír á dinamización cultural das localidades polas que discorren as
diferentes rutas xacobeas na nosa Comunidade.