O Picadillo dinamizará a cidade da Coruña en setembro

O certame gastronómico con máis arraigamento da Coruña, o Concurso de Tapas Picadillo regresa do 16 de setembro ao 2 de outubro. No seu décimo terceira edición volve dinamizar a ​oferta gastronómica dos locais de hostalería da cidade, que ofrecerán tapas na categoría tradicional, creativa e de maridaxe con viño de D.O. Monterrei. 

A información das rutas e tapas participantes desvelarase pouco antes do inicio do concurso na web http://tapaspicadillo.coruna.es na que se pode ver un vídeo promocional do certame deste ano, dispoñible tamén na canle de YouTube de Turismo da Coruña (https://youtu.be/XeruQwoOtGQ). Esta nova cita coa gastronomía ofrece unha boa ocasión para visitar A Coruña e gozar da súa oferta cultural e os seus recursos no final do verán.