O Filandón do Courel pon en escena as músicas tradicionais

A XIX edición do Filandón do Courel terá lugar o próximo domingo, día 7 de agosto, na Ferrería de Seoane do Courel, en Lugo. Esta celebración aglutina a riqueza musical do Courel cada ano o segundo domingo de agosto nun escenario único no que se citan os tocadores do corno celta, os vellos romances, as cantigas da siega e outras labores así como gaiteiros e músicos que albergan antiquísimas tradicións.


Na presdentación participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que destacou a labor realizada pola asociación de Amigos do Filandón grazas a cal este festival anual de músicas tradicionais de O Courel vai camiño de cumprir vinte anos de celebración.

As festas, polas súas características e singularidades e polo seu recoñecemento e prestixio a nivel autonómico, son un recurso que manter e potenciar, xa que a súa celebración supón un importante reclamo de atracción turística. Nesta liña, Nava Castro afirmou que, ademais, engaden importantes accións de difusión turística que constitúen un extraordinario incentivo para as economías locais. “Por todo isto fomentamos a súa difusión e promoción”, asegurou.