Galicia reflíctese a 190 países a través de La Vuelta

Galicia está a ter un protagonismo especial en La Vuelta 2016 con varias etapas por territorio galego como a de hoxe que saiu de Marín e rematou en Dumbría, no mirador do Ézaro, con imaxes espectaculares da paisaxe galega que están a chegar a unha audiencia de máis de 190 países, oportunidade única para promover o destino Galicia e os seus recursos e produtos turísticos.

La Vuelta 2016 comezou o sábado cunha contrareloxo por equipos Ourense termal/Balenario de Laias-Parque Náutico Castrelo de Miño. Esta septuagésimo primeira edición da carreira ciclista español, unha das tres máis importantes do mundo xunto con Tour e Giro, rematará a súa estadía en Galicia o vindeiro 26 de agosto co percorrido entre Maceda e Puebla de Sanabria (Zamora), logo da estapa inaugural, a do domingo entre Ourense e Baiona, a de hoxe luns, a de mañán martes Betanzos-Santo André de Teixido (Cedeira), o mércores Viveiro-Lugo e o xoves Monforte de Lemos-Luintra, na Ribeira Sacra, a carón do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, hoxe Parador de Turismo.

Ademais, Turismo de Galicia organizou unha viaxe de familiarización na que participarán xornalistas que desenvolven o seu labor profesional en medios de comunicación españois relacionados tanto coa prensa escrita, como coa radio e a Internet. Este grupo de profesionais da comunicación especializada en turismo están a facer un seguimento dos recursos e os produtos turísticos galegos a través dos territorios que percorre La Vuelta nas súas sete etapas en territorio galego.