Galicia participa no festival Museumsuferfest

Turismo de Galicia levará a oferta turística da Comunidade galega a Frankfurt, dentro do festival Museumsuferfest, o acontecemento multitudinario máis importante desta cidade alemá e unha das manifestacións culturais máis importantes de Alemaña.

Baixo o lema de Turespaña Spanien am Main, o departamento de Turismo da Xunta ofrecerá varias actuacións musicais a partir do vindeiro venres e disporá un recinto de información turística para o público congregado neste acontecemento, no que os asistentes poderán gozar de numerosas representacións, concertos e outras manifestacións artísticas de todo o mundo.

No Museumsuferfest, España adoita contar con representación permanente, polo que vén participando desde hai anos de xeito ininterrompido, contando así cunha posición especial á hora de promover o destino e os produtos turísticos nacionais.