Buscar/Hemeroteca

viernes, 26 de agosto de 2016

Astrotrevinca en A Veiga

A terceira edición das xornadas “Astrotrevinca” achegarán a astronomía a todo o público interesado na observación do ceo, do día 2 ao 4 de setembro no Concello de A Veiga. A presentación desta iniciativa tivo lugar no Pazo Provincial da Deputación de Ourense, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde do Concello de A Veiga, Juan Anta; e o director de “Astrotrevinca”, Óscar Blanco.

A programación prevista para eses días comeza o venres 2 de setembro coa observación astronómica no Mirador Estelar das Tabillas. Ao día seguinte, e trala presentación das xornadas, terá lugar ás 11.00 horas a primeira conferencia, “Bajo la sombra de la luna”. A segunda conferencia dedicarase á fotografía nocturna e ao enfoque nocturno. A xornada de mamá rematará cunha observación solar con telescopio especial (H alpha). As actividades retomaranse a partir das 16.00 horas, coas conferencias: “Tierraformación”, “Bajo los cielos de Namibia”, e “Starmus 2016, cinco días con las estrellas”. Ás 19.15 horas, terá lugar a clausura das xornadas. Por último, ás 22.00 horas será a quenda de novo para a observación astronómica no Mirador Estelar das Tabillas. O domingo, 4 de setembro, realizarase unha ruta pola “Cántara da Moura”.


No hay comentarios: