Arranca a Pantin Classic Galicia Pro

Presentación da proba
A praia de Pantín, en Valdoviño ( A Coruña) acolleu a presentación da 29 edición do circuíto mundial da World Surf League/WSL, ‘Pantin Classic Galicia Pro’. No ámbito do surf, tanto en Galicia como no resto de España, este certame ocupa un lugar moi destacado e xa constitúe unha das probas máis importantes do calendario internacional. É un dos poucos que se celebra a este nivel en Europa e o cuarto máis antigo a nivel internacional.

A Xunta de Galicia colabora na organización e promoción deste gran evento turístico-deportivo afianzándose como un dos colaboradores principais dun campionato que, ademais de posibilitar aos asistentes coñecer unha das nosas praias aptas para a realización da práctica deportiva e posicionar a nosa comunidade como destino de surf, permitirá mostrar todo o encanto da Galicia costeira.

Así, durante a súa celebración, dende mañá 30 de agosto ata o próximo 4 de setembro, a nosa comunidade acollerá aos mellores surfistas profesionais que chegarán a Galicia dende todas partes do mundo. E neste ano, especialmente, xa que esta nova edición bateu récords de inscricións con 204 participantes.