
A Festa do Monte é unha da moitas festas galegas que axudan a incrementar o número de turistas que chegas á nosa comunidade. Nava Castro afirmou que A Guarda ten moitos atractivos paisaxísticos e de patrimonio cultural que únense a esta e outras festas que celébranse nesta vila pontevedresa. Así mesmo, fixo referencia a innovadores produtos turísticos, como as Rutas Ornitolóxicas ou a Ruta da Lamprea que converten a esta vila nun destino único os 365 días do ano.
Nava Castro explicou que as festas, polas súas características e singularidades e polo seu recoñecemento e prestixio a nivel autonómico, son un recurso que manter e potenciar, xa que a súa celebración supón un importante reclamo de atracción turística.
Nesta liña, a directora de Turismo de Galicia afirmou que, ademais, engaden importantes accións de difusión turística que constitúen un extraordinario incentivo para as economías locais. “Por todo isto fomentamos a súa difusión e promoción”, sinalou Nava Castro.