4,1 millóns de euros para "Lugo Smart City"

Lara Méndez | lugo.gal
Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo vén de conceder ao Concello o proxecto Lugo Smart City, enmarcado dentro a II Convocatoria de Cidades Intelixentes. 

Según explicou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, disporán de 4,1 millóns de euros para “convertirnos nunha cidade intelixente e sostible”, explicou Méndez, quen subliñou que “este Goberno Municipal quere ser o goberno que recupere os espazos para a xente, e neste caso queremos recuperar a administración para os veciños grazas ao uso das TIC, para gañar en calidade de vida dos lucenses facilitándolle o acceso á sua casa, ao Concello”. Grazas ao Lugo Smart City, a entidade local busca transformar Lugo e estar na vangarda da eficiencia das TIC, tendo en conta para elo a dispersión da poboación do municipio e o amplo territorio rural.

“Son moitas as definicións de Smart City, pero en Lugo gústanos aquela que considera unha cidade como intelixente cando as inversións en capital humano e social, en infraestruturas e comunicación tradicionais e modernas, fomentan un desenvolvemento económico sostible e unha elevada calidade de vida, cunha xestión intelixente dos recursos naturais, a través dun goberno participativo”, asegurou a rexedora ao tempo que facía fincapé en percibir de maneira práctica o concepto de Cidade Intelixente, “onde os veciños exerzan un papel fundamental á hora de facer evolucionar a súa cidade”.