Buscar/Hemeroteca

miércoles, 6 de julio de 2016

Turismo idiomático, panacea desestacionalizadora

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, afirmou que o turismo idiomático ten unha forte repercusión na economía galega e un gran poder desestacionalizador ao ter impacto ao longo de todo o ano. A directora fixo estas declaracións durante a inauguración dos cursos internacionais de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que contan co apoio do seu departamento.

Nava Castro explicou que a estancia media dos usuarios turísticos que veñen a estudar en Galicia supera ao resto de tipoloxías e tamén o seu gasto medio xa que teñen un nivel de consumo máis elevado ao demandar varios produtos ou servizos. Por iso, Turismo de Galicia apoia iniciativas como os cursos internacionais de verán da USC, froito dun convenio entre as dúas entidades, para impulsar o turismo idiomático. 

A maiores, a directora subliñou a diversidade de propostas que ten a Comunidade para aqueles mozos estranxeiros que busquen un destino para a súa aprendizaxe cultural e académica. Así, Nava Castro expuxo que, a maiores da motivación de aprender un idioma de forma eficaz, Galicia ofrece unha ampla oferta formativa a través das súas tres universidades e sete campus. Neste sentido, a directora fixo fincapé na existencia dos convenios internacionais en marcha para fomentar o intercambio entre centros.

No hay comentarios: