O Concello de Lugo prepara a candidatura para o Access City Award

O Access City Award, é o galardón europeo de accesibilidade que recompensa aos municipios de máis de 50.000 habitantes polo seu labor contiuado na mellora por adaptar os espazos públicos a todas as persoas que viven ou visiten a cidade. Lugo prepara a candidatura para presentar a entidade local a este galardón tras ser distinguido o pasado ano como mellor destino turístico accesbile, un premio posto en marcha a través dun concurso por unha empresa líder en solucións de accesiblidade, distinción que se sumou ao Premio Reina Sofía de accesibilidade. 

A presentación ao Access City Award enmárcase na aposta do traballo municipal por acadar unha accesibilidade universal, pola igualdade de oportunidades, da dignidiade das pesoas e da autonomía da cidade, co fin de facela máis integradora. Deste xeito, a entidade local entregá unha memoria onde se recollen as actuación e accións que o Concello levou a cabo nos últimos anos en aras de eliminar as barreiras arquitectónicas e conseguir unha igualdade real e efectiva. 

Entre estas accións destaca a creación dunha Ordenanza Municipal de Supresión de Barreiras Arquitectónicas e a posta en marcha do Gabinete Municipal de Accesiblidade, onde se garante a participación de colectivos de persoas con problemas de mobiliade. En materia de accesibilidade, o Concello no último ano sinalizou 43 novas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida en diferentes puntos da cidade, acometeu obras de mellora en rúas como a Avenida da Couña, Montevideo, Ronda da Muralla ou Lamas de Prado, puxo en funcionamento colectores adaptados e asumiu o mantemento do ascensro da Muralla que facilita a accesibilidade a este monumento bimilenario. 

A día de hoxe, o Concello ten aberto o prazo de presentación de ofertas para acometer as obras de accesibilidade na Praza Maior, da Soidade e Pío XII, que consisten en substituír o adoquín, que supón unha dificutade de mobilidade, por un itinerario de baldosa de granito.