Mar destinou 27 millóns de euros para axudas a trasformación e comercialización

A Consellería do Mar destinou no ano 2015 máis de 27 millóns de euros ás axudas para transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura e tramitou máis de 100 expedientes no marco desta convocatoria. 

Así o lembrou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a visita realizada a empresa O Percebeiro, dedicada á comercialización de peixe e marisco e ubidada no porto de Marín. A titular de Mar tamén participou no acto de homenaxe ao Buque Oceanográfico Coornide de Saaveda, celebrado no porto de Marín.

O Percebeiro Distribúe peixe e marisco a clientes de toda España, París, Andorra, Suecia, Italia e Inglaterra e realiza envíos puntuais a outros países. Actualmente comercializa máis de 300 toneladas anuais e conta cunha clientela de máis de 400 establecementos do territorio nacional.