Impulso á candidatura de Ribeira Sacra a Patromonio da Humanidade

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, avanzoue que o organismo provincial lugués vén de poñerse en contacto coa Deputación de Ourense, a Valedora do Pobo e a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultural para manter un encontro no que desbloquear a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Esta reunión terá lugar durante o mes de xullo no Pazo de San Marcos. 

Campos Conde decidir tomar deste xeito a iniciativa, tendo en conta que se vai a cumprir un ano dende que se pediu colaboración á Xunta para continuar con esta iniciativa e non houbo resposta algunha. “Conseguir que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade non é unha Quijotada. É unha gran obra, que, co compromiso de todos nós, estou convencido que a conseguiremos, para que, tal e como acontece co Quijote, a Ribeira Sacra poida ser lida en todos os idiomas, e recoñecida máis alá das nosas fronteiras”. 

Así o destacou o Presidente durante a inauguración da convención “Constitución de Red de Ciudades y Territorios de España” en Monforte de Lemos, na que tamén participaron o Alcalde, José Tomé Roca, o Conselleiro de Economía, Francisco Conde López, o Secretario da Comisión Española da UNESCO, Federico Palomera Güez, e a Presidenta da Asociación España Creativa, Belén Elisa Díaz.