Buscar/Hemeroteca

jueves, 28 de julio de 2016

Galicia Birding

Turismo de Galicia presentou na Aula da Natureza do monte Siradella de O Grove un completo proxecto de deseño e promoción de rutas ornitolóxicas que comprende un total de 148 roteiros e 600 puntos destacados que achegan o turismo ornitolóxico ao conxunto de todos os turistas e tamén á poboación local.

O programa ‘Galicia Birding’ foi presentado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen destacou que o proxecto constitúe unha oferta sen comparación a día de hoxe no resto de comunidades autónomas do noso país. O acto contou tamén coa participación do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

BirdingA responsable de Turismo da Xunta sinalou que a comunidade galega alberga multitude de espazos naturais protexidos que posibilitan o rexistro de máis de 200 especies. “Contamos cun total de 49 espazos de alto interese ornitolóxico identificados e repartidos polas catro provincias”, puntualizou. Destes espazos, doce áreas destacan pola súa maior potencialidade: Zonas húmidas da Terra Cha, Rías de Ribadeo e Foz, Ría de Ortigueira e Cariño e Estaca de Bares, A Costa da Morte, O Grove e o PN Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, A Guarda e o esteiro do Miño, Os Ancares e Montes de Cervantes, Oímbra, Monterrei e Verín, A Limia, Canón do Sil, Serra de Enciña da Lastra e Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés.



No hay comentarios: