Festival Internacional de Jazz e Blues en Pontevedra

Desde xa hai vinte e catro anos, cada mes de xullo volve o Festival Internacional de Jazz e Blues, que, en certo modo, representa a culminación das actividades jazzísticas que se desenvolven na cidade de Pontevedra durante o ano. 

A zona monumental de Pontevedra vaise encher, unha vez máis, de boa música, con artistas de nivel internacional case sempre inéditos en Galicia, ás veces irrepetibles. 

Manteñen as sinais de identidade: concertos gratuítos de jazz e de blues, prestando unha especial atención aos músicos galegos.

Pontevedra xa é unha “Cidade de Jazz” e cada verán na segunda quincena do mes de xullo esta música invade as rúas e prazas do centro histórico. 

Pódese consultar a programación dende a súa páxina web: www.jazzpontevedra.com