Campamento infantil de cociña da APEHL

O campamento de cociña infantil da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo incluíu un taller de primeiros auxilios impartido por técnicos da Cruz Roja. Despois das explicacións teóricas, os rapaces puxeron en práctica o aprendido sobre a masaxe de resucitación cardiopulmonar e as técnicas para facerlle fronte a un atragantamento, como a coñecida Maniobra de Heimlich. Ademais, mostraron un especial interese cando lles mostraron o interior dunha ambulancia cos seus múltiples instrumentos e dispositivos médicos para atender todo tipo de pacientes.

A continuación deu comezo a última xornada do campamento de cociña da man do restaurador da Arrocería Os Cachivaches, Alejando Méndez Lázare, que durante estes días guiou a estes pequenos cociñeiros no apaixoante mundo dos fogóns. O menú de hoxe incluíu un enrolado de beicon e leituga para a media mañá e solombo Wellington e unha sobremesa consistente nunha sopa de sandía, froita da paixón con xeado de iogur e peta-zetas.