Achega de Turismo de Galicia a Festa do Pulpo do Carballiño

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega Piñeiro, asinaron un convenio de colaboración dotado con 25.000 euros para o impulso da LIII Festa do Polbo desta localidade, que se celebra o vindeiro mes de agosto.

Nesta celebración, na que anualmente se preparan 40.000 quilos deste cefalópodo, é dende 2012 unha das 11 festas galegas declaradas como de interese turístico nacional, o que recoñece o seu arraigo, antigüidade, singularidade e valor cultural e a converte nun grande atractivo turístico para a Comunidade. 

Nava Castro explicou que a Festa do Polbo do Carballiño é unha das máis de 300 festas gastronómicas de Galicia, que resaltan a cociña galega e amosan ao turista os pratos máis representativos de cada recuncho da terra. Estas celebracións súmanse ás máis de 100 festas de interese turístico galego, ás 11 de interese turístico nacional e ás 9 de interese internacional.