Ábrese a licitación para as casetas do polbo en San Froilán

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo publica a licitación para autorizar a instalación das casetas e caldeiros do polbo durante as festas do San Froilán dos anos 2016 a 2019. Ao igual que o ano pasado, haberá 4 casetas, quedando máis espazo libre no entorno do Parque, segundo informou a edil, quen deu a coñecer os prezos de saída para as casetas: 18.772,79 euros para a número 1, 17.700,06 para a 2, e 16.627,33 euros para a 3 e a 4. En canto aos caldeiros: 11.714, 22 para o número 1, 11.044,84 para o número 2, e 10.375,46 euros para o 3 e o 4. 

Os prezos das casetas e caldeiros, que se instalarán na rúa Vila de Foz, establécense en función da proximidade ao recinto feiral. As dimensións máximas das casetas serán de 33x8,80 metros e dos caldeiros do polbo, de 11x4 metros. 

Os interesados poderán presentar propostas durante 30 días hábiles, no Rexistro Xeral do Concello. As instancias deberán ir acompañadas de dous sobres, un coa documentación administrativa e outro coa oferta económica. 

Para este ano, a montaxe poderase iniciar o día 12 de setembro e comezar a actividade o 30, manténdose en funcionamento ata o día 1 de novembro. Todos os postos deberán ter visibles os prezos, que quedan fixados do seguinte xeito: 250 gramos de pulpo, 8 euros; 200 gramos de pan, 1,50 euros; 200 gramos de cachelos, 1,50 euros e ¾ de litro de viño de mesa, 4,15 euros.