Buscar/Hemeroteca

viernes, 29 de julio de 2016

A Xunta impulsa unha cátedra do Camiño de Santiago

O Consello da Xunta aprobou o proxecto de acordo polo que se autoriza a subscrición do convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a S.A.M.I. da Catedral de Santiago para a creación da cátedra institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións.

O obxectivo da iniciativa é fomentar a investigación, a docencia e a difusión dos coñecementos do Camiño de Santiago e a peregrinación. Deste xeito, a cátedra promoverá a difusión dos valores asociados coa peregrinación e inherentes ao fenómeno xacobeo mediante a realización de cursos, seminarios, conferencias e cantas actividades académicas redunden na difusión e o coñecemento do Camiño de Santiago.

No hay comentarios: