
Esta dato trascendeu na reunión do Consello Forestal de Galicia no que, predidido pola conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, presentouse a orde pola que se creará a Mesa da Castaña como órgano responsable para o fomento, promoción e mellora deste produto tan significativo e representativo da nosa comunidade. Deste xeito, poderase comezar coa tramitación para crear esta institución da que formarán parte produtores, operadores, comercializadores, almacenistas, industrias de procesado e viveiristas, ademais de representantes da administración.
A orde presentada hoxe ante o Consello Forestal establece que a mesa estará presidida polo titular da dirección xeral competente en materia de montes e composta ademais por un total de 10 vogais, en representación da propia Xunta e dos axentes relacionados coa castaña.
Actualmente, Galicia conta cunha extensa superficie con presenza da especie Castanea sp., ben como especie principal, ocupando o castiñeiro unha superficie de 12.500 hectáreas en masas puras, ou ben como especie secundaria en formacións mixtas (46.455 ha segundo os datos do último Inventario Forestal Nacional). Ao mesmo tempo, a superficie de soutos produtivos de froito ascende aproximadamente a unhas 38.000 hectáreas.