A Xunta crea a figura de Comendador da Gastronomía

O Consello da Xunta acordou aprobar o proxecto de decreto polo que se regulará a concesión da distinción de Comendador da Gastronomía de Galicia.O obxectivo deste recoñecemento que será concedido por Turismo de Galicia é contribuír á promoción do turismo da nosa comunidade a través dos produtos alimentarios e a gastronomía de Galicia no ámbito nacional e internacional.

Así mesmo, búscase preservar e poñer en valor o patrimonio dos produtos gastronómicos galegos e fomentar os valores económicos, culturais e sociais da gastronomía de Galicia.

A distinción outorgarase anualmente a aquelas persoas, entidades, asociacións ou colectivos que, no seo da comunidade galega, contribúan de xeito singular á dignificación, mellora e promoción da cultura gastronómica galega.

Así, existirán dúas modalidades de Comendador da Gastronomía de Galicia: por unha parte a modalidade individual, que se outorgará a persoas físicas ou xurídicas privadas, e por outra a institucional, que recoñecerá a institucións ou entidades públicas