Buscar/Hemeroteca

jueves, 30 de junio de 2016

Veda da centola e boi de mar en A Coruña e Lugo

A veda da centola e do boi na parte litoral que vai desde Cabo Corrubedo ata Cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña) e desde Cabo Estaca de Bares ata o Río Eo, incluíndo a Ría do Barqueiro (na provincia de Lugo) comezará este sábado, e rematará o vindeiro 27 de novembro na Coruña e o 4 de decembro en Lugo.

Nembargantes, o venres, 1 de xullo, ábrese a extracción da nécora e do lumbrigante en toda Galicia que permanecerá autorizada ata o vindeiro 31 de decembro. Arredor desa data publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Plan xeral de explotación marisqueira para 2017, que fixará a veda do ano que vén.

No hay comentarios: