Buscar/Hemeroteca

miércoles, 15 de junio de 2016

Produtos fitosanitarios de libre aplicación

A Consellería do Medio Rural distribuirá un total de 100.000 folletos despregables e 4.000 carteis con información sobre os
produtos fitosanitarios que poden ser utilizados polos usuarios non profesionais para os principais cultivos da nosa agricultura sen necesidade de obter o carné de manipulador-aplicador deste tipo de produtos. Así o destacou en Outes a conselleira Ángeles Vázquez durante o inicio dun curso para a obtención de dito carné.

Esta iniciativa forma parte da campaña de divulgación do uso de fitosanitarios e sobre a existencia no mercado de produtos non profesionais que os cidadáns poden usar sen necesidade de obter o devandito carné. O material informativo céntrase nos principais cultivos da nosa agricultura, como son os da pataca, vide, cebola, leituga, pemento e tomate.

A conselleira explicou que estes folletos e carteis serán distribuídos entre os 314 concellos da comunidade, as 67 Oficinas Agrarias Comarcais, os 6 Centros de Formación e Experimentación Agroforestal, os Centros de investigación e Estacións Experimentais da Consellería do Medio Rural e as principais asociacións e entidades asociativas do sector.



No hay comentarios: