O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu ao comité de empresa de Larsa, que lle informou polo miúdo da reunión que esta semana mantivo coa dirección da Corporación Alimentaria Peñasanta, propietaria da firma local. Os representantes dos traballadores reiteraron a súa seria preocupación da planta unha vez coñecidos os plans da CAP, que pasan por realizar investimentos, pero moitos menos dos anunciados hai tres anos, e por reducir as liñas de produción ao queixo de barra.
Os traballadores manteñen que así dificilmente se poderá manter o actual nivel de contratos de traballo, algo que comparte o goberno local, que, como os traballadores, mantén a súa aposta porque en Vilagarcía sigan producíndose produtos tan ligados a Larsa e á localidade como o queixo de bola ou o tetilla, dous emblemas de Larsa dende practicamente os seus inicios.
