Buscar/Hemeroteca

miércoles, 1 de junio de 2016

O Harmony of the Seas atraca en Vigo

O cruceiro máis grande do mundo, o Harmony of the Seas, realizou a súa primeira escala no Porto de Vigo e para a foto de turno, que estamos en precampaña electoral, alí estivo a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Vigo rexistrou en 2015 un total de 82 cruceiros nos que viaxaron 284.811 persoas, concretamente 204.979 pasaxeiros e 79.832 tripulantes, segundo datos da Autoridade Portuaria desta cidade. 

O turismo de cruceiros é un interesante produto que achega á Comunidade novos fluxos de visitantes ao longo de todo o ano, xerando un impacto positivo nas economías locais -non tanto como se vende- e axudando a combater a estacionalidade da demanda.

E para mostra de que non é tanto como se pretende vender, abonda con decir que o Harmony of the Seas chegou a Vigo a primeira hora da mañanán e zarpou rumbo a Málaga a las 5 de la tarde, eso sin falar do impacto medioambiental (contaminación) que xeran este tipo de barcos nos portos nos que fan escala.



No hay comentarios: