O Arde Lvcvs viaxa a Madrid e Oviedo

O Concello de Lugo presentará o Arde Lvcvs este martes en Madrid e o vindeiro mércores en Oviedo. Así o anunciou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen viaxa á Casa de Galicia e o mércores, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e acompañadas pola Guardia Pretoriana, ao Auditorium Príncipe Felipe, para promover estes festexos, que terán lugar do 16 ao 19 de xuño. 

Tal e como deu a coñecer Carmen Basadre, trátase dunhas viaxes que teñen como obxectivo promover fora da Galicia estes festexos de recreación histórica para conseguir a declaración como Festa de Interese Turístico Nacional, así como para animar a todos os madrileños e asturianos a achegarse ao Arde Lvcvs e que gocen, cos lugueses, do pasado romano da cidade. 

Por outra banda, a Oficina Municipal de Turismo de Lugo atendeu no pasado mes de maio preto de 3.600 persoas, cun incremento con respecto ao pasado mes de abril dun 31%, unhas 400 consultas máis. Así o avanzou Carmen Basadre, quen tamén deu a coñecer que a media de consultas diarias foi de 116 persoas, rexistrando o día 30 de maio o maior numero de viaxeiros atendidos, 345.