O actor Sergio Pazos presentará a Gala dos Premios da D.O. Ribeiro

O actor Sergio Pazos, natural do concello ourensán de Sandiás, será o presentador da Gala dos Premios da D.O. Ribeiro, que chegan á súa quinta edición. Estes galardóns organizados polo Consello Regulador da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia celebraranse o vindeiro mércores 29 de xuño no histórico Mosteiro de San Clodio (Leiro), referente para a viticultura galega.

Será unha gala amena, na que humor e viño daranse a man a través das distintas intervencións do seu condutor, un Sergio Pazos que desentrañará a outra cara da D.O. Ribeiro cun sorriso.

O evento reunirá os viticultores e adegueiros do Ribeiro con profesionais ligados á enoloxía e ao sector vitivinícola chegados de toda España: distribuidores, almacenistas, xornalistas e divulgadores, entre outros.

Na Gala desvelaranse o nome dos mellores viños brancos, de adega e de colleiteiro, e tinto da D.O., de acordo co xuízo dun panel profesional de cata.