Horarios de verán da Rede de Museos Municipais de Lugo

Dende hoxe, mércores 1 de xuño e ata o 12 de outubro estarán vixentes os novos horarios de verán dos museos municipais, segundo o comunicou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. 

Tal e como anunciou a edil, o Centro de Interpretación da Muralla, onde se sitúa a Oficina Municipal de Turismo, abrirá de luns a mércores de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 horas, de xoves a sábado de 11:00 a 19:30 e os domingos, de 11:00 a 18:00 horas.

Pola súa banda, o Museo Interactivo de la Historia de Lugo (MIHL) abrirá de martes a sábado en horario de 11:00 a 13:00 y de 17:00 a 20:00 horas e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas.

A Domus de Mitreo, o Centro Arqueolóxico de San Roque e a Sala de Exposicións Porta Miñá abrirán de xoves a sábado de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:00 horas e os domingos, de 11:30 a 13:30 horas.

O horario de verán na Casa dos Mosaicos entrará en funcionamento a partires do 16 de xuño e será de martes a sábado de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 e os domingos, de 11:00 a 14:00 horas.

En todos os centros da Rede de Museos Municipais a entrada totalmente é gratuíta.