Galicia a todo tren

Un ano máis, este verán ponse en marcha o programa de trens turísticos "Galicia a todo tren”, que funcionará grazas á colaboración interinstitucional entre a Xunta de Galicia, Renfe e a Deputación de Ourense a través do Inorde. No acto de presentación participaron a ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves. 

Nesta nova edición se incrementará a oferta global en 84 novas prazas grazas aos bos resultados obtidos na edición anterior, na que se obtivo unha ocupación do 87%, superando os 2.200 pasaxeiros, fronte aos 600 da primeira edición, e cun incremento de cinco puntos porcentuais con relación a 2014. 

Este verán se poñerán en marcha dúas novas rutas dos trens turísticos, a “Termal e do Camiño do Norte a Santiago” e a da “Lamprea e o viño do Condado. Polo tanto, en distintas datas entre xuño e outubro de 2016, un total de nove trens turísticos percorrerán outras tantas rutas temáticas. 

A oferta deste programa compleméntase co “Tren do Peregrino”, o “Tren dos Balnearios” e o “Galicia Rail Pass”, a través dos cales se pode, respectivamente, vivir a experiencia do Camiño de Santiago, gozar do termalismo galego ou desprazarse en tren por toda Galicia para coñecer os seus múltiples recursos.

Ademais, este ano Santiago recibirá a visita do tren de luxo máis amplo e espazoso do mundo, o Al-Andalus. O tren realizará unha viaxe en xullo e outra en agosto.