Galicia, Castela e León, Asturias e Portugal promocionarán conxuntamente o Camiño de Santiago

A Macrorrexión do Sudoeste de Europa (RESOE), conformada por Galicia, Castela e León, Asturias, o Norte de Portugal e o Centro de Portugal mantivo unha reunión para a fixación dos próximos obxectivos, así como o calendario de actuación. Neste sentido, acordouse preparar un proxecto de traballo que inclúa para este ano 2016 a definición dalgúns produtos.

Así, acordouse apostarase por un maior aproveitamento do Camiño de Santiago, dos bens declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e dos lugares Císter, combinando todas estas propostas coa oferta gastronómica, enolóxica e de recursos naturais. A maiores, acordouse que a seguinte reunión do grupo de traballo se realizará en torno ao vindeiro mes de novembro en Santiago de Compostela.

O espírito da estratexia RESOE é buscar un nexo común entre as rexións participantes para promocionar no campo turístico os territorios membros dunha maneira conxunta e coordinada, poñendo en valor o seu patrimonio histórico, as reservas naturais, a cultura e a gastronomía.