Buscar/Hemeroteca

martes, 14 de junio de 2016

España Verde, destino competitivo y de calidad

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asegurou que a marca turística España Verde –que aglutina a Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco- está consolidando o norte peninsular como un destino competititvo e de calidade. A directora de Turismo de Galicia fixo estas declaracións despois da reunión dos directores xerais da España Verde 2016 celebrada en Santiago de Compostela, na que participou en representación de Galicia como comunidade coordinadora deste proxecto interrexional durante este ano.

Nava Castro explicou que o turismo das catro comunidades autónomas rexistrou no primeiro cuadrimestre de 2016 un crecemento dun 8% de media xa que subiron tanto os viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros, que foron 2.193.868, como as pernoitas, un total de 4.056.889, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística. 

Así mesmo, subliñou o potencial turístico da España Verde como un “destino único no mundo” que ofrece máis de 2.000 quilómetros de costa, preto de 1.200 praias, 31 balnearios e 9 talasos, máis de 60 campos de golf, uns 20 Paradores de Turismo, máis de trescentas mil prazas de aloxamento, 60 Estrellas Michelin e 46 parques nacionais, parques naturais e reservas da biosfera cun millón de hectáreas de espazo protexido.

No hay comentarios: